Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Eurozone

Eurozone

Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.

Arquivos descargables

Nesta sección iremos deixando algúns arquivos descargables con documentos máis longos relacionados coa creación de Eurozone, para quen queira profundizar ou explorar os baixos fondos documentais dunha obra de teatro.

  • Memoria de dirección: este é documento base a partir do que se empezou a traballar, un texto que vai quedando obsoleto en canto entramos no loal de ensaio, pero que pode ofrecer pistas arqueolóxicas moi interesantes sobre a sedimentación dos materiais usados.
  • Memoria do espazo escénico: Every 'dog' has its day foi a proposta gañadora no concurso de ideas para o espazo escénico de Eurozone, esta é a memoria do proxecto tal e como foi enviada polo seu autor, o arquitecto zaragozano Javier Domingo Ballestín.
  • Atraco perfecto: esta é a memoria dunha das propostas de espazo que chegaron ata o final e que recibiu unha mención especial do xurado.
  • Guión.