Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Onte foi un día moi completo. Pola tarde fumos a Torrespaña, onde teñen a sede dos informativos de TVE para participar no programa de cultura da canle 24 horas. A verdade é que todo o mundo nos tratou moi ben, especialmente ben, mesmo con cariño. Será que non estamos afeitos. Especialmente próximo foi Moisés Rodríguez, a quen agradecemos de corazón o apoio e simpatía que nos ofreceu desde que veu ver a obra con José Hervás, a quen tamén coñecimos e saudamos antes de entrar no plató. Tamén pasaron por alí os presentadores Lara Síscar e Diego Losada, que é de Monte Alto. Tivemos a oportunidade de ser espectadores dun informativo que se fai en directo e ver de perto ao presentador Antonio Gárate á fronte. Esta foto documenta este momento.
Haz login o regístrate para poder comentar