Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Eurozone vai camiño de ser un traballo moi coral e horizontal. Para iso hai que intentar trascender as xerarquías de protagonistas, principais, secundarios. Disolver o protagonismo da individualidade que se luce no protagonismo do grupo que se apoia. Romper a identificación intérprete-personaxe, xénero-personaxe, intérprete-xénero. Ampliar a relación do personaxe a todo grupo, calquera pode pasar por cada personaxe ao longo da acción. Achegarnos a un intérprete queer que puidese ter identidades e personaxes cambiantes ao longo da obra, en cada escena... En fin, para iso antes que nada hai que prepararse para estar xuntos en escena (para salvar obstáculos en grupo) e niso andamos adestrándonos. Parece doado, pero non o é.
Le gusta a 3 personas
Haz login o regístrate para poder comentar