Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
Xron:
Hoxe empezaron a chegar as primeiras pezas da escenografía. Esta Eurozone vai necesitar moito espazo.
Le gusta a 5 personas
4 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Xron:
Agora a ver se atopamos unha moqueta deste tipo para completar o kit!
Patricia de Lorenzo:
Esta quedaría moi ben.
Arantza Villar:
A escaleira ten bastante máis altura do que parecía... mola esa moqueta!!!
Juancho Gianzo:
Esa moqueta aparece como Juancho me chamo!