Patricia de Lorenzo:
Nin idea de que Europa era unha princesa fenicia raptada e seducida por Zeus.
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:A semana pasada presentáronse os novos billetes de euro que entrarán en circulación este ano. Levarán imprimida a imaxe da princesa Europa, esa princesa fenicia que foi raptada e violada por Zeus. Mario Draghi, o presidente do Banco Central Europeo, estaba todo contentiño estampando a súa sinatura nos novos billetes
Le gusta a 6 personas
2 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Xron:
O rapto de Europa por Zeus está narrado por Ovidio nas súas Metamorfoses, no século I a. de C.
Segundo Ovidio, Zeus viu a Europa collendo flores coas súas doncelas á beira do mar e transformouse en touro para seducila. A princesa, sen sospeitar nada, subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna cruzando as ondas ata Creta. Preto de Gortina uníronse carnalmente xunto a unha fonte e baixo duns plátanos que, en memoria destes amoríos, obtiveron o privilexio de non perder xamais as súas follas. Desa unión de Zeus e Europa naceron Minos, Radamantis e Sarpedón.