Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:E outro exemplo máis para identificar as coincidencias ou as diferencias na visión da obra que temos cada un de nós. Algúns destes elementos comúns poderían ser o tratamento da violencia, os niveis de distanciamento que se poden superpoñer na interpretación dos actores, o paralelismo entre a esfera da política e a esfera da delincuencia... As dúbidas aparecen cando se trata de identificar un tono para o espectáculo, cando se trata de adaptar o guión da peli aos intereses da obra, cando se trata de imaxinar a relación entre personaxes reais da vida pública europea e personaxes de ficción...
Le gusta a 3 personas
Haz login o regístrate para poder comentar