Juancho Gianzo:
Ese é o espírito!
;)
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Arantza Villar:Estreando camarote!! Levamos tres semanas de ensaios e direivos que teño a cabesiña como un bombo (Europa, crise, Merkel, atraco, Mr. White, prima de risco, Reservoir Dogs, escaleira, FMI, riqueza, débeda, personaxes, actores...), o corpo canso e con maniotas, un sono feroz e a casa feita un cristo!! En resumo... ENCANTADA!! Ademáis, por moito que dixeran os Mayas, non parece que hoxe vaia acabar o mundo! (aínda que os dous golpes que levei esta mañán improvisando poden ser mostra do contrario, non?)
Le gusta a 3 personas
3 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Patricia de Lorenzo:
Comparto o das maniotas, dóeme todo o corpo.
Patricia de Lorenzo:
E outras porque teñen que facer un espectáculo...