Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Despois do traballo de mesa pasamos á sala de ensaios, e antes que nada hai que preparar o corpo, porque o que nos espera pode ser duro... Caer e volver poñerse en pé, ese parece ser o destino da cidadanía europea.
Le gusta a 2 personas
Haz login o regístrate para poder comentar