Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Eurozone

Eurozone

Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.

Pepe Penabade

Pepe Penabade

No ano 87 chega a Compostela, non a estudar, a traballar de eléctrico. Este mesmo ano apúntase a facer pasarrúas nos Domingos de Furabolos (domingos de títeres para os rapaces organizados pola asociación de titititeiros galegos). Daquí nacen Os Quinquilláns teatro de rúa cos que traballa ata o ano 99. No 2000 decide apostar máis polo teatro que polo voltio e nace Voltaedalle, compañía que actualmente coordina e na que traballa como actor. Dende o 87 até hoxe ten participado como actor en máis de dúas ducias de espectáculos teatrais de distintas compañías, e mais ou menos noutras tantas producións audiovisuais (teleseries, cinema, curtas,documentais…). Atrezzo e inventos para teatro ou audiovisual son outra das facetas que leva desenvolvendo ao longo deste tempo.

En escena

  • Pepe Penabade:
    Hoxe despois da función, probamos as zapatillas máis famosas de Lavapies, no bar Melo's. Polo nome xa descubriríades que é galego. Moi boas. E as croquetas tamén. 
  • Pepe Penabade:
    Este é o 'puto problema'
  • Pepe Penabade:
    Por fin dei entrado no meu blog........! Realmente nunca pensei que neste espectáculo acabaría facendo de Angela Merkel.....pero como dí Patricia, de nova...ser era guapa...Ainda así preferia algo franchute.