Wir Frauen
Intérpretes: Begoña Cuquejo, Marta Alonso, Ariel Ninas, zanfona. Autora e dirección: Begoña Cuquejo. Coreografía: Begoña Cuquejo, Marta Alonso. Deseño son: Mauro Sanin Ariel Ninas. Deseño iluminación: Paulina Funes. Vestiario: Cloti Vaello.
Arangaño, arangaño, vaite de aquí coa sesta de varrer corre tras de ti.
Esta obra (gañadora do premio injuve 2010) crea a través de diferentes linguaxes escénicas (a danza, a maxia, a música e a videocreación) un contexto fantástico e unha atmósfera densa na que se recollan as principais simboloxías da maxia en Galicia. Habelas e unha obra multidisciplinar na escena e na concepción, o eixo da creación da peza xorde en torno a esta reflexión entre maxia e danza, ou maxia e escena en xeral. Cómo transformala, cómo seguir afondando na fantasía na danza contemporánea. Esta investigación partiu de testimonios reais, como por exemplo a voz de Concha de Luneda, posteriormente incluida no espazo sonoro, e doutros lugares como referencias artísticas (debuxos de Kara Walker ou os óleos de Goya) e culturais (entrevistas persoais e, sobre todo, no libro de Carmelo Lisón Tolosana “Estrutura social y simbolismo en Galicia. Antropología cultural de Galicia”, Marvin Harris,...)
-
(19:09h.)