Ultranoiteo nº 107 CON ULTRABÚS!!!
ATENCIÓN: AQUÍ PUEDES COMPRAR ENTRADAS PARA LA ULTRANOITE + BILLETE ULTRABÚS (IDA Y VUELTA SANTIAGO-TEO).
El Ultrabús está pensado para las personas que quieren venir a la Ultranoite desde Santiago, pero no tienen coche o prefieren no cogerlo. El Ultrabús saldrá a las 21,45h. de la Rúa da Rosa, en Santiago, del mismo sitio del que salen los buses para Milladoiro. Diez minutos después de acabada la Ultranoite, el Ultrabús saldrá de la puerta del CSC de la Ramallosa de vuelta para Santiago, con parada de nuevo en la rúa da Rosa.
Las entradas para la Ultranoite + Ultrabús deben comprarse necesariamente por adelantado, bien en este enlace o bien en el Café SCQ de Santiago. Si no quieres hacer uso del Ultrabús, debes acceder al evento ULTRANOITE Nº 107 de la agenda de Redenasa.tv, donde puedes comprar solo las entradas.
Sabemos que hai ganas de Ultranoite, que no mundo pasaron moitas cousas alucinantes desde a última vez, que o verán xa está perto, Panamá tamén e as novas eleccións ao caer. Neste contexto, precisamos dunha Ultranoite. Case sen tempo de anuncialo como é debido, a Ultranoite volve a Teo en xuño! E para non perder a conta, a partir de agora numeraremos cada Ultranoite, esta xa é a nº 107!
As novidades
Haberá Ultranoite durante dúas fins de semana, os días 3-4 e os días 10-11 de xuño.
E a hora de comezo será ás 22,30h.!!!!
O resto seguirá máis ou menos como estaba: un equipo amplo de artistas, música ao vivo, corpos en movemento, servizo de bar durante o espectáculo, posibilidade de sentar en mesa ou butaca e tanta nocturnidade como alevosía no tratamento dos temas.
Mariano volve encabezar a lista de candidatos para esta Ultranoite, non conseguimos desfacernos del. Ao seu carón, as outras cabezas de lista para as eleccións xerais. E por activa ou por pasiva falarase de refuxiados, de casas e quechuas, do bonito que debe ser Panamá, do turismo off shore, da cantidade de honoris causa como Mario Conde que acabaron no caldeiro, de Manos Limpias e infantas, de Prince, das Irmandades da Fala, de Naranjitos, de confluencias e plataformas cidadáns, de música latina e festas sorpresa...
A partir de agora podemos garantir a estabilidade e continuidade das Ultranoites, xa que a relación entre o grupo Chévere e o concello de Teo vaise regular a través dun contrato de tres anos, froito dun concurso público que se acaba de resolver a favor de Chévere. Así que, como mínimo, haberá Ultranoite en primavera e no outono.
Participan
Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Borja Fernández, Marcos Ptt, Miguel de Lira, Serxio Zearreta e o acompañamento musical de Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Max Gómez. Convidados: Carlos Santiago, Os Sancaetanos, Cristina Iglesias e Rut.
Como chegar e que facer na Ramallosa (e enTeo)?
Quen queira achegarse á Ramallosa pode facelo a través da AC-841, que une Santiago e A Estrada e cruza o concello de norte a sur. Ao chegar á altura da Casa do Concello, hai que virar á esquerda. O auditorio é o edificio que está detrás do concello. Hai sitio abondo para deixar o coche. Tamén se pode vir pola autoestrada AG-56, alternativa á AC-841, que une Santiago-A Ramallosa.
Na Ramallosa tedes tres sitios onde tomar un petisco antes da función. Fronte á Casa do Concello está o bar Raiola, han tratarvos ben coas tapas. Un pouco máis abaixo na mesma estrada AC-841, pero da outra beira, está o mítico Santa Sede, podedes comer boas hamburguesas, pratos e pizzase. E xa chegando á rotanda, fronte ao colexio público, está a versión teense do María Castaña compostelán, con comedor para sentar no estómago algo máis sólido ou para pesticar na barra.
Se vides con tempo, podedes achegarvos a Pontevea, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra, ver a ponte medieval, dar un bo paseo pola beira do río, visitar a burga de augas sulfuradas e logo tomarlle unha na Senra, local que ben merece unha paradiña.
Que é a Ultranoite?
No mes de xaneiro de 1993, o grupo Chévere crea un espectáculo titulado Ultranoite para a Sala Nasa. Tratábase de poñer en valor e actualizar xéneros populares como o teatro de variedades, a revista ou o cabaré. Fíxose un chamamento a actores, actrices, músicos, vedetes, cantantes e artistas en xeral que estivesen dispostas a usar o teatro, a música e o vídeo para facer escarnio da actualidade política, cultural, económica e social. Dende entón pasaron 23 anos e a Ultranoite segue en cartel, agora no concello de Teo, fiel á súa cita co público, converténdose nun espello deformante e, ás veces, máis real, do que pasa ao noso arredor. A Ultranoite converteuse nun dos sinais de identidade do teatro en
-
(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.