Ultranoiteo SEN ultrabús
Coa participación de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Iria Pinheiro, Carlos Santiago, Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Os da Ría e co acompañamento musical de Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.
A Ultranoite estrea sede no auditorio da Ramallosa, no concello de Teo, os próximos días 13 e 14 de abril. Despois de tantas cousas como pasaron no último ano, iniciamos esta nova aventura. Máis periférica ca nunca, a Ultranoite convoca a outras dúas noites de variedades, de chascarrillo, de gamberrada, de visión crítica da realidade, de improvisación, de fracaso, de música e complicidades. Desta volta, conducirá a noite un vello coñecido, Mariano Rajoy. Falaremos da descomposición do BNG, dos líos da familia real española, recibiremos en Teo ao Apóstolo Santiago e lembraremos a efeméride do día, o aniversario da República, entre outras cousas do día a día. De 22,30h. a 23,00h. sesión de benvida musical a cargo de "Chabal&Chabala"
A Ultranoite mantén o formato de números breves, teatro e música, humor e vídeo. O público poderá escoller entre sentar nunha mesa ou na bancada, haberá servizo de bar. E demais, poñerase un servizo de autobuses para quen non teña coche, para que non queira collelo, para quen prefira a viaxe en compañía, para quen queira beber e non conducir, para quen queira acompañar aos Da Ría nun traxecto de vinte minutos desde o pasado ata o futuro.
ULTRABÚS
Poñemos en marcha o servizo de buses da Ultranoite Camiño A-Teo. Para usar este servizo é imprescindible mercar a entrada por adiantado en internet coa opción Entrada+Ultrabús e mostrar o resgardo da entrada imprimido antes de subir ao autobús. O traxecto Compostela-Ramallosa será guiado por Fabián e Arturito, Os da Ría.
Saída Compostela: 22,05h. na parada de buses de Puente Castro-A Rosa
Traxecto e paradas: Pontepedriña, Os Tilos, Montouto (diante do Cheda2), Cacheiras, Ramallosa (chegada ás 22,30h.)
Volta: saída diante do auditorio da Ramallosa ás 02,00h. con chegada á praza de Puente Castro-A Rosa
COMO CHEGAR AO AUDITORIO DA RAMALLOSA
Desde Compostela. Para ir pola autovía Santiago-A Estrada debes coller primeiro a autovía Santiago-Ourense e 1 km. a primeira saída en dirección A Estrada. Unha vez na autovía Santiago-A Estrada segue ata o final e na última saída vas desembocar nunha rotonda. Colles á dereita a estrada en dirección a santiago. Pasas unha segunda rotonda e 200m. despois xa estás na Ramallosa. Cando vexas a Casa do Concello tes que xirar á esquerda e detrás xa ves o edificio do Centro Sociocultural onde está o auditorio.
Desde Compostela. Para ir pola estrada de Santiago-Pontevea-A Estrada tes que ir ata a rotonda do Castiñeiriño e coller a estrada da dereita en dirección á Estrada. Pasas Os Tilos, Montouto e uns 3 km. despois de Cacheiras, na mesma estrada, xa está a Ramallosa. Cando vexa a Casa do Concello tes que xirar á dereita e detrás xa ves o edificio do Centro Sociocultural onde está o auditorio.
AVITUALLAMENTO
Na contorna do auditorio, a menos de 50 m., hai tres bares onde poderedes tomar un café, un bocata, picar algo, mesmo comer unha pizza caseira.
-
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.