Ultranoiteo CON ultrabús
Nósomosòn é unha innovadora mostra que se podería enmarcar dentro da arte sonora ou escultura con son. Os artistas que participan neste proxecto son Berio Molina, Chiu Longina, Igmig, Isaac Cordal, Luis Costa, Manuela Barile, MDME, Aquófono e Servando Barreiro.
Marzo 15xoves ás 20,00h.
En paralelo á exposición NÓSOMOSÒN, acollemos unha conferencia de Chiu Longina, do colectivo Escoitar.org, baixo o título Escoita! ou a túa voz volvérate tolo. Unha historia breve da hexemonía do ollo sobre a orella.
Marzo 16venres 11,00h.
Xornada sobre cultura aural
Xornada intensiva de traballo e de debate colectivo sobre o papel que desempeña o son nas nosas sociedades. Inclúe varias conferencias, a presentación do libro De Parto a OMEga, un workshop sobre o uso e aplicacións da placa Minitronics e o Concerto para 7 poemas, piano preparado e xoguetes de mdmme.
Marzo 22xoves ás 20,00h.
Aquófono Bambú
NORMAL celebra o Día Internacional da Auga co primeiro dos Concertos do sono. Patxi Valera, de Parto, presentaranos o Aquófono, un novo instrumento de percusión con líquidos que se escapa do estritamente musical.
-
(23:00h.)
-
(23,00h.)