Ultranoite Retrofuturista
A III Caravana de concertos da rede de colectivos Galiza Non Se Vende celebra a súa festa de remante na Nasa, co lema: "Contra o saqueo socioambiental da nosa terra". Terra viva e vida digna para tod@s. Para a ocasión, tocarán Güintervan e GalegoZ, presentados polo grupo de teatro Berrobambán.
Guintervan (Acústica / Drum & Bass / Folk)
Formado por Ivan van Güinter (voz, contrabaixo e cello), Roi Alexandre van Güinter (bateria e percusións), Isaac van Güinter (bouzouki, guitarras e cabaquinho) e Harry van Güinter (violino, gaita búlgara, viola e mandolina), Güintervan é o sono feito realidade de catro musicazos profesionais que se xuntaron para fazer o que lles peta e da a gana.
A excentrica mestura de melodias balcánicas, ritmos e harmonias diabólicas, velocidade extrema e cancións líricas en galego é a marca da banda. Presentan o seu novo traballo Mundo loco
GalegoZ (Electrónica en directo / Fusión)
O proxecto GalegoZ nace a finais de 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo... En febreiro do 2006, animados pola boa acollida do single Galician Chimpanzee, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco Galician chimpanzee e o grupo virtual transformase nunha banda formada por músicos procedentes de distintas bandas galegas.
Bases electrónicas misturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e ás veces incluso surrealistas conforman o orixinal sonido de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciberverbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ao poder e ás inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bó humor...
GalegoZ está formado por Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusiones e voz), Marcos Payno (programacións e voz),Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tómás Ruido (técnico de son e producción técnica), Matías Olazábal (guitarra) e Chou (samplers, video-dj e son).
-
(21:28h.)