Ultranoite na Coruña
Vinte anos despois de aparecer este topónimo no teatro galego, a Ultranoite, revista radical da actualidade, volve aos escenarios unha vez máis coa chegada do outono. Seguimos os debates, as polémicas e as cancións do verán para armar algúns dos números máis quentes desta Ultranoite, temas como o inevitable "relaxing café con leche" e as candidaturas olímpicas 2020 vistas por mascotas veteranas, a batalla dialéctica polo Peñón e as chamadas de teléfono de Mariano para arranxar a política internacional, as tribulacións da infanta Shakira de Borbón, a imparable carreira electoral da Merkel en Alemaña, a chegada da lei do aborto vista polas Cándidas ou a volta ao cole desde a perspectiva do sindicalista Gordillo...
A idea era titular esta Ultranoite "Dimisión imposible"porque aquí non dimite nin dios pase o que pase (fixemos un rap sobre o tema), pero nestas últimas semanas foi cobrando forza o concepto de "Relaxing Ultranoite". E ademais estamos preparando a volta da Década cun novo repaso mix á actualidade con fondo de musical de Broadway, onde caben desde os incendios que arrasaron Galicia no fin do verán e o debate homofóbico ruso ata as polémicas touradas da Coruña, a marca España, o fin de crise proclamado por Montoro, o cara al sol do alcalde de Baralla e o inefable Bárcenas...
Coa participación de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, e a colaboración especial de Antón Coucheiro, Cristina Balboa e Triatreiros.
Esta Ultranoite finánciase exclusivamente cos ingresos da billeteira.
Venda de entradas no Fórum unha hora antes do comezo da fución ou en Redenasa.tv por adiantado.
-
(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93 -
(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93