Antoloxía da Ultranoite
Coincidindo co 30 aniversario de Chévere e o 25 aniversario da apertura da Sala Nasa que se celebran este ano, imos facer tamén unha paradiña na historia da Ultranoite para recrearnos xunto ao público nalgún deses números irrepetibles que seguen aniñando nas nosas fráxiles memorias. É un reto para a propia Ultranoite, que sobrevive desde entón instalada na potencia ilimitada da actualidade, a improvisación e a complicidade máis espontánea.
Propoñémonos facer unha antoloxía de momentos memorables e de grupos e artistas que pasaron polo escenario da Ultranoite ao longo de tres décadas. Escoller números, cancións, vídeos ou personaxes que sexan representativos do espírito indómito da Ultranoite, que marcaran unha época, que sobrevivisen ao olvido ou que simplemente nos gustaría volver a poñer sobre o escenario. Nós faremos a nosa selección, pero tamén queremos recibir as propostas do público.
Datas
Desta vez a Ultranoite esténdese ao longo de tres fins de semana do mes de setembro ata despedírmonos do verán: venres 8, sábado 9 / venres 15, sábado 16 / venres 22, sábado 23. A hora de comezo será sempre ás 22,00h.
Entradas
Entradas adiantadas á venda en Redenasa.tv (internet), e a partir do 28 de agosto en: A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), Panadaría San José (Cacheiras) e bar El Muelle (Compostela). Ese mesmo día poranse á venda tamén as entradas con BUS de ida e volta entre Compostela e Ramallosa. As entradas restantes poranse á venda na billeteira da sala unha hora antes do comezo da función.
Participan
A Antoloxía da Ultranoite contará cunha equipa estable formada por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández, César Goldi, Miguel de Lira, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xurxo Pinheiro (son) e Fidel Vázquez (iluminación). Ademais, para esta ocasión convidaremos a artistas e grupos que colaboraron ou marcaron época na Ultranoite, como Carlos Santiago, San Caetanos, Tristáns, Clara Gayo, Quico Cadaval, Magical Brothers, Iria Pinheiro, Os da Ría... Iremos confirmando!
Como chegar e que facer na Ramallosa (e en Teo)?
Quen queira achegarse á Ramallosa pode facelo a través da AC-841, que une Santiago e A Estrada e cruza o concello de norte a sur. Ao chegar á altura da Casa do Concello, hai que virar á esquerda. O auditorio Constante Liste é o edificio que está detrás do concello. Hai sitio abondo para deixar o coche. Tamén se pode vir pola autoestrada AG-56, alternativa á AC-841, que une Santiago-A Ramallosa.
Na Ramallosa tedes tres sitios onde tomar un petisco antes da función. Fronte á Casa do Concello está o bar Raiola, han tratarvos ben coas tapas. Un pouco máis abaixo na mesma estrada AC-841, pero da outra beira, está o mítico Santa Sede, podedes comer boas hamburguesas, pratos e pizzas. E xa chegando á rotanda, fronte ao colexio público, está a versión teense do María Castaña compostelán, con comedor para sentar no estómago algo máis sólido ou para pesticar na barra.
Se vides con tempo, podedes achegarvos a Pontevea, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra, ver a ponte medieval, dar un bo paseo pola beira do río, visitar a burga de augas sulfuradas e logo tomarlle unha na Senra, local que ben merece unha paradiña.
Que é a Ultranoite?
No mes de xaneiro de 1993, o grupo Chévere crea un espectáculo titulado Ultranoite para a Sala Nasa. Tratábase de poñer en valor e actualizar xéneros populares como o teatro de variedades, a revista ou o cabaré. Fíxose un chamamento a actores, actrices, músicos, vedetes, cantantes e artistas en xeral que estivesen dispostas a usar o teatro, a música e o vídeo para facer escarnio da actualidade política, cultural, económica e social. Dende entón pasaron 24 anos e a Ultranoite segue en cartel, agora no concello de Teo, fiel á súa cita co público, converténdose nun espello deformante e, ás veces, máis real, do que pasa ao noso arredor. A Ultranoite converteuse nun dos sinais de identidade do teatro en Galicia. Un lugar de encontro e colaboración para artistas, no que se xestaron amizades, relacións, espectáculos e, sobre todo, unha complicidade total cun público que non deixou de medrar durante máis de dúas décadas.
-
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.