Ultranoite 110
Logo dun ano repleto de proxectos, por fin temos un anaco para respirar e anuciarvos que volve un dos espectáculos máis queridos polo público e por nós: a Ultranoite, que acompaña á compañía case dende o seu nacemento e vai xa case pola súa edición número 110. Ofreceremos seis funcións repartidas en tres fins de semana, os días 14,15, 21, 22, 28 e 29 de setembro.
Entradas
Entradas adiantadas á venda en Redenasa.tv (internet), e a partir do 28 de agosto en: A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), Panadaría San José (Cacheiras) e bar El Muelle (Compostela). Ese mesmo día poranse á venda tamén as entradas con BUS de ida e volta entre Compostela e Ramallosa. As entradas restantes poranse á venda na billeteira da sala unha hora antes do comezo da función.
Participan
Desta vez subiranse ao escenario Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández e Serxio Zearreta, ademais dos músicos da Ultrabanda: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián. Coma sempre, contaremos tamén cada noite con artistas convidadas, que irán cambiando cada fin de semana: AldaoLado, Carlos Santiago, Clara Gayo, Akira, Diego Anido.
Como chegar e que facer na Ramallosa (e en Teo)?
Quen queira achegarse á Ramallosa pode facelo a través da AC-841, que une Santiago e A Estrada e cruza o concello de norte a sur. Ao chegar á altura da Casa do Concello, hai que virar á esquerda. O auditorio Constante Liste é o edificio que está detrás do concello. Hai sitio abondo para deixar o coche. Tamén se pode vir pola autoestrada AG-56, alternativa á AC-841, que une Santiago-A Ramallosa.
Na Ramallosa tedes tres sitios onde tomar un petisco antes da función. Fronte á Casa do Concello está o bar Raiola, han tratarvos ben coas tapas. Un pouco máis abaixo na mesma estrada AC-841, pero da outra beira, está o mítico Santa Sede, podedes comer boas hamburguesas, pratos e pizzas. E xa chegando á rotanda, fronte ao colexio público, está a versión teense do María Castaña compostelán, con comedor para sentar no estómago algo máis sólido ou para pesticar na barra.
Se vides con tempo, podedes achegarvos a Pontevea, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra, ver a ponte medieval, dar un bo paseo pola beira do río, visitar a burga de augas sulfuradas e logo tomarlle unha na Senra, local que ben merece unha paradiña.
Que é a Ultranoite?
No mes de xaneiro de 1993, o grupo Chévere crea un espectáculo titulado Ultranoite para a Sala Nasa. Tratábase de poñer en valor e actualizar xéneros populares como o teatro de variedades, a revista ou o cabaré. Fíxose un chamamento a actores, actrices, músicos, vedetes, cantantes e artistas en xeral que estivesen dispostas a usar o teatro, a música e o vídeo para facer escarnio da actualidade política, cultural, económica e social. Dende entón pasaron 24 anos e a Ultranoite segue en cartel, agora no concello de Teo, fiel á súa cita co público, converténdose nun espello deformante e, ás veces, máis real, do que pasa ao noso arredor. A Ultranoite converteuse nun dos sinais de identidade do teatro en Galicia. Un lugar de encontro e colaboración para artistas, no que se xestaron amizades, relacións, espectáculos e, sobre todo, unha complicidade total cun público que non deixou de medrar durante máis de dúas décadas.
-
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -

Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.