Tres
Membros: Maribel Martín (Voz), Daniel Felices (Guitarra solista e coros), Ruben Lorente (Guitarra flamenca), Carlos Felices (Baixo eléctrico), Sergio Martín (Batería), Carlos Simón (Percusión), Lluís Pi (Percusión e efectos) e Albert Castan (Técnico de son).
D’Callaos xorde no 2004 a partir do desexo dun grupo de amigos de Tarrassa (Cataluña) de experimentar coa música. Non hai nada definido, nada premeditado, ningunha meta nin fronteira.
As súas influenzas musicais son moi variadas, pero úneas a todas o eixo central do flamenco: dende o clásico, como Camarón de la Isla e Paco de Lucía, pasadon por Lole e Manuel e Enrique Morente, ata o rock con raíces de grupos como Triana, Alameda e Pata Negra.
D’Callaos teñen compartido escenario con artistas españois como elbicho, Ojos de Brujo, Chambao, Los Delincuentes, Muchachito, Amparanoia… e con outros internacionais como Tiken Jah Fakoly, Manu Chao, Asian Dub Foundation, Orishas, Terrakota, Dub Incorporation…
O seu novo disco, El borde donde se termina el mar, é o seu traballo máis rockeiro ata o momento, con guitarras eléctricas, Hammonds e unha base rítmica máis contundente, pero non perde, aínda así, a súa esencia flamenca.
D’Callaos distribúe todos os seus traballos de balde en Internet, baixo licenza Creative Commons, e conta con milleiros de seguidores que se teñen descargado os seus discos, que llos recomentdaron aos seus amigos e que teñen pasado nalgún momento por algún dos seus apaixoados concertos.
-
(19:24h.)
-
(19:24h.)