Tabula Rasa
Sinestesia nace en 2007, e pronto comezan a facer os seus propios temas, cun claro proxecto musical baseado en cancions onde música e letra formasen un equilibrio. Beben de diferentes estilos, pero sempre afrontando os temas dende o xénero do rock e do blues cantado en castelan. Empapánse da psicodelia dos sesenta e do rock blues de cream ou de Hendrix, sen perder de vista o rock de autor de tradición estatal como Los Rodriguez, Quique Gonzalez ou o semprevivo Antonio Vega.
Coa sua primeira maqueta gañan o primeiro premio do certame música xove de Galicia na categoría Pop Rock.
Rodan por salas e clubes de toda Galicia, e telonean a grupos do panaroma underground como The Blows ou We Are Estándar. Editan a seu Primeiro Ep La ciudad y otros escenarios en 2010, do que saen a venda 500 copias e que se distribúe tamén en tendas online como Spotify e Itunes.
Strabismo naceu nun garaxe de Noia no ano 2005. Durante eses seis anos de carreira musical, fixéronse coñecidos polo seu directo característico e potente.
-
(12:02h.)