Sushi Gratis (estrea)
Despois de Oiseau Rebelle, na que cociñaban o amor romático Paulina Funes e Cristina Balboa, e logo de experimentar e relatar a historia dun fracaso en Sigue Buscando con Estevo Azañón e Cristina Balboa, Funboa Escénica estrea Sushi Gratis, a última peza da triloxía Funboa. Pode dicirse que Sushi é unha precuela, unha peza do que fumos, da raíz do desastre, das lembranzas... A costrucción ficticia da propia vida e da nosa identidade. Nas tres pezas hai un traballo dende a verdade, as lembranzas e o contexto, donde o humor é empregado como superación das fallas cósmicas que nós interpretamos como realidade. Hai un segredo, como o das telenovelas, que vai saíndo á luz dende o que pide a historia, a través dun texto, en parte improvisado. Cristina Balboa conta a historia, Lúa Gándara é a confidente, a asistente, a que tira do fío, a que quere chegar ó fondo do asunto e unha espectadora máis.
Será na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas na SalaSon o xoves 9 de xullo ás 23:00hs
-
(23:00h.)
SalasonRúa do Lirio nº 30 baixo, 36940 Cangas do Morrazo.(23:00h.)
SalasonRúa do Lirio nº 30 baixo, 36940 Cangas do Morrazo.