Soños
Interpretación: Natxo Montero e Nuria Sotelo. Dirección e creación: Ana Vallés. Iluminación: Miguel Muñoz. Coreografía: Nuria Sotelo
Textos: Ana Vallés, Natxo Montero, Nuria Sotelo, Beatriz Preciado (cita de Texto Yonki). Selección musical: Ana Vallés e Rubén Vilanova. Escenografía e vestiario: Licenciada Sotelo e compañía. Asistente de dirección: Rubén Vilanova.
A bailarina Nuria Sotelo xúntase ao bailarín vasco Natxo Montero e á directora Ana Vallés para construír unha peza que, desde a práctica da danza, segue a explorar os límites da realidade e a representación. Onde comeza unha e retama a utra, que é máis natural ou improvisado, onde reside o artificio, onde comeza a danza e onde remata o teatro.
"Que é o que estou a ollar? A sombra dunha muller, un pallaso de andar por casa, figura andróxina, un borrón triste. Alguén asubía un movemento en francés. Os artistas do penso vitaminado póñense os tacóns para unha visita guiada ao matadoiro. Fan o paseillo e cortan dúas orellas, a cabeza cae, pé torto, adiante, hop! No medio da marcha fúnebre un consello publicitario. Será o mesmo que ve vostede?"Ana Vallés
+info: http://www.centrodramatico.org/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2320&lg=gal
-
(11:29h.)
-
(11:29h.)