Sexo, mentiras e códices calixtinos
Despois do éxito acadado na súa estrea en xuño, cando se esgotaron todas as entradas disponibles, Chévere volve á Regadeira de Adela os tres últimos venres de outubro con 'Sexo, mentiras e códices calixtinos'. Un monográfico sobre o roubo do Códice Calixtino e todo o que rodeou esta historia desde catro perspectivas distintas e a través de catro personaxes enfrontados: o electricista, o deán, o xuíz e a muller do electricista, interpretados por Miguel de Lira, Xron, Manuel Cortés e Patricia de Lorenzo.
Para iso ocuparemos toda a casa durante tres venres consecutivos e pecharemos a cada personaxe dentro dun cuarto coas súas propias mentiras. En forma de confesión, interrogatorio, conferencia ou simple cotilleo, son catro monólogos que se poden ver por separado, pero que acadan toda a súa dimensión cando se contrastan uns con outros.
Cada personaxe ocupará un espazo distinto da casa e o relato de cada un terá unha duración máxima de 15 minutos.
No baño Patricia de Lorenzo é Remedios. “A cousa é así, e xuro por Dios que é verdá e se conto mentira que caia aquí redonda agora mesmo. Foi todo por seguir chupando.”
Na alcoba Miguel de Lira é o electricista: "Fun eu, si señor. Pero non o roubei. O levei para casa que non é igual, para gardalo ben gardado e que non caise nas mans que non debía, que por alí pasaba xente de conducta que iba más allá de las personas."
No roupeiro Xron é o deán: “A Manuel lo que le que pasa es que tiene dos teclas, si le das a una aparece el rezador, y si le das a la otra sale el acaparador. Y esta segunda acabó imponiéndose.”
No salón Manuel Cortés é o xuíz: "Espero que a historia do electricista, que puido ou non roubar o códice, non sexa o único que se recorde da historia da catedral porque aí dentro hai moito máis.”
Os pases da alcoba e o roupeiro serán ás 21,00h./ 21,30h./22,00h. e os pases do baño e o salón ás 21,15h./21,45h./22,15h.
Aforo limitado: cada pase terá un aforo máximo de 18 espectadores.
As entradas cóllense na casa a partir das 20,00h. (enriba do bar Embora, na praza de Abastos, detrás da igrexa de San Fiz, a carón da facultade de Xeografía e Historia).
Podes coller entradas para unha soa habitación ou para dúas ou tres. Ou podes coller entradas para ver as catro pezas polo prezo de tres.
Visita a casa: http://aregadeiradeadela.wix.com/aregadeira#!programacion/cwvn
-
(21:00h.)
A Regadeira de AdelaRúa de Tras San Fiz de Solovio 15705 Santiago de Compostela(21:00h.)
A Regadeira de AdelaRúa de Tras San Fiz de Solovio 15705 Santiago de Compostela -

A Regadeira de AdelaRúa de Tras San Fiz de Solovio 15705 Santiago de Compostela