![Seráns da Nasa](/scene/uploads/$eventos/imaxe/4cd1559cd62ab3.27894134.jpg?options=resize%2C800%2C%2Ccenter%2Cmiddle)
Seráns da Nasa
Unha creación Chévere, compañía residente na Sala NASA. En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández. Dramaturxia e dirección: Xron. Movemento escénico/axudante dirección: Rut Balbís. Escrita: MCortés. Dirección técnica: Xacobo Castro. Iluminación: Dr. Cabaleiro. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Oroboro Films. Deseño gráfico: Fausto Isorna. O noso agradecemento a Lola, Dominga, Amalia, Estrella, ás cooperativistas de Harmonía e Millenium, ao Padre Jorge, a Belén, a Fátima.
Citizen é o novo proxecto de creación escénica de Chévere para a tempada 2010-2011 como compañía residente da Sala NASA. Trátase de poñer en práctica novos procesos de traballo e produción, combinando a aposta pola investigación teatral coa necesidade de obter uns resultados de cara ao público. O proxecto está estruturada en tres partes, en tres espectáculos autónomos que se irán estreando ao longo da tempada. Cada un deles será a continuación e consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres suporá un novo espectáculo.
Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles. Pero a nosa obra conta a historia dun suposto empresario galego do sector textil que se convirte nunha das persoas máis ricas e poderosas no último terzo do século XX. A historia do seu triunfo serve para explicar as consecuencias do proceso de globalización sobre un sitio que seguimos chamando Galicia, o triunfo dun individuo e o fracaso dun pobo.
A segunda parte sitúase dentro das paredes dun taller de confección formado exclusivamente por mulleres, para contar a historia deste fenómeno colectivo que supuxo a partir dos anos 80 a mobilización de varios milleiros de mulleres traballando anonimante para levantar un imperio textil que nunca lles ofreceu máis ca o mínimo para a súa subsistencia a cambio dunha entrega total. Man de obra a baixo prezo no corazón de Occidente, autoexplotación subvencionada polas administracións públicas, perversión do cooperativismo. Unha forza de traballo de usar e tirar que deixou máis frustración, impotencia e rabia individual.
Este espectáculo conta con axudas de AGADIC-Xunta Galicia e da Concellaría de Cultura do Concello Santiago de Compostela
Colaboran: Xornal de Galicia, Cadena SER
-
(16:46h.)
-
(16:46h.)