Roces e Goces
Mario Viaño (batería); Angel Morón (guitarra solista); Iñigo Trigo (voz e guitarra rítmica); Rubén Rúa ( baixista).
O grupo Harley Hyde nace a finais do ano 2009 en Santiago de Compostela. O seu estilo rockeiro e as súas letras oitenteiras recordan a grupos como Kiss, Poison e Gun´s, e o seu estilo achégase ao glam metal estadounidense.
Nos seus primeiros meses de vida crearon temas como Cero en conduta, Princesa e Vida fácil como buque insignia desta nova formación.
No 2010 presentan un espectáculo que os levará por Ourense, cun primeiro concerto no Café Cultural Auriense e outro posterior na batalla de bandas da Estrada.
Posteriormente, proclámanse gañadores do certame Música es juventud da cidade da Coruña, cuxo premio consistiu na gravación dunha demo composta por catro temas, que segue sendo a día de hoxe a única coa que conta o grupo.
No verán de 2010 dedícase integramente á composición e crea temas como Pleasure Shiver, Siente la pasión e Quemando rueda. Nestes novos temas apréciase unha continuidade no seu estilo inicial pero cun aumento do ritmo junto con riffs de guitarra mais enérxicos e baterías á contra.
-
(21:30h.)
-
(21:30h.)