República de Gundián no Salón Teatro
Este Venres día 6, ás 21 h., no Salón Teatro, a "República de Gundián" de Andaravía Teatro, con texto e dirección de Carlos Santiago en colaboración con Pepe Penabade. Logo da súa exitosa xira por diferentes puntos da xeografía galaica, a historia da aldea independentista do Río Ulla chega a Santiago, dentro do Festival de Teatro Amador Agustín Magán, disposta a enaltecer unha vez máis o xénero do sainete futurista e provocar todas as gargalladas necesarias a conta da realidade esta que padecemos. Alí vos esperamos, se vos presta.
-
(21:05h.)
Salón TeatroRúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela.(21:05h.)
Salón TeatroRúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela.