Paper Dolls
Dramaturxia e Dirección: Roberto Leal. Creación e Interpretación: Borja Fernández, Ignacio Sanz, Nuria Sanz. Textos: Borja Fernández, Dolores Jiménez, Ignacio Sanz, Isa Bandin, Nuria Sanz. Paisaxe Sonora: Ignacio Sanz. Espazo escénico e Iluminación: Baltasar Patiño. Axudante de Dirección: Gustavo Dieste. Axudante de Produción: Sara Núñez. Asesoría de Vestiario: Uxía P. Vaello. Traducción: Rafael Martínez Castro. Produción Executiva, Fotografía e Deseño Gráfico: Manu Lago – La Tía Mardalina. Produce: Bichakadela. Espazos colaboradores: Sala Santart e Centro Dramático Galego. Subvenciona AGADIC - Xunta de Galicia
Soños é un espectáculo de teatro contemporáneo da compañía Bichakadela, que nace a partir das músicas de Ignacio Sanz. Esta obra pretende ser unha inmersión nos desexos, a realidade e a percepción que temos da mesma.
E digo eu…, os soños…, pode ser o que lle está pasando a un, non?Eu soño, ti soñas, el soña… Circulares, Concéntricos, entramos e saímos no soño de cada un, no soño de todos… Teatros e teatrinos…Sonrisas e Bágoas, ou era Mary Poppins? Os soños de durmir, os soños que temos cando despertamos…Sempre o teatro… como soño maior e a música…nun espazo pequeno cabe un mundo… Ó xeito das bonecas rusas, hai un soño dentro doutro, parece que despertamos, só o parece? Ah… moi ben…. Facede pasar ao infinito…e aclaramos ISTO NON É UN XOGUETE. Reverencia, señores…
-
(08:32h.)