Obradoiro do Espectador
Para algúns, RUXE RUXE é a última banda bravú. Para outros a banda ponte entre o rock galego dos 90 e a pulsión da música emerxente do país na primeira década so século XXI. Para outros moitos unha banda de culto cun dos mellores e máis enérxicos directos que se poden ver enriba dun escenario. Un directo onde poderás gozar dunha banda única que nunca parou de producir, de gravar e de tocar polo mundo adiante dende a súa fundación no ano 1996.
Un día dixeron deles que eran máis da terra que as miñocas e dende aquela RUXE- RUXE prestan para sempre desa denominación de orixe.
De Aríns para o mundo.
RUXE-RUXE son xa por mérito propio unha das máis grandes referencias da música galega e un dos máis grandes capítulos da historia da música en galego...historia viva e activa da nosa culura musical ...
Agora teñen novo disco ... NAFURADEDIANTE WARNING...
NAFURADEDIANTE son quince latexos de corazón vello e consumido. Quince dentelladas de animais fora ialma, de cans doentes e vencidos, de decepcións e liortas. NAFURADEDIANTE é un oceano terrible no que ti e mais eu loitamos por continuar sendo peixes ...
NAFURADEDIANTE é o novo traballo discográfico de RUXE-RUXE.
É o sétimo taballo de estudio dos RUXE-RUXE. Con Javier Abreu na produción o grupo navega mellor que nunca polos océanos do punk-rock mesturados con elementos da música tradicional galega e o gusto polo conto, polo realismo máxico e pola visión do mundo dende as corredoiras da aldea de Aríns en Compostela.
-
(10:43h.)
-
(10:43h.)