O libro das pontes invisibles/the book of invisible bridges
Coa participación de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Carlos Blanco, Mónica García, Antón Coucheiro, Arturo Nono, Os da Ría, Pepa Yáñez, Aranzta Villar, Carlos Santiago, Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Xron, Iria Pinheiro. E co acompañamento musical ao vivo de Xacobe Martínez Antelo, Marcelino Galán e Max Gómez.
Se merchaches as entradas por internet podes recollelas na billeteira instalada na Pza. da Quintana a partir das 21,30h. do mércores 17.
A Asociación Cidade Vella chama pola Ultranoite unha vez máis para incorporala á programación do Feitoamán, despois da exitosa experiencia do ano pasado. Desta volta os recortes chegan ao festival e hai que traballar a taquilla. Iso si, con prezos populares. E para compensar, a Ultranoite usará como palco o corazón de Compostela: a Praza da Quintana. Encherémola de humor non acomodaticio, de risas e de artistas galegos. Algo pouco frecuente. Non faltedes. Porque a Ultranoite é a alma que sobrevivirá ao espazo corporal da Nasa.
Ultranoite é cabaré, teatro de variedades, revista de actualidade. Ultranoite é lugar de encontro de músicos, cómicos, ilusionistas, vedetes, malabaristas e outras xentes da escena galega dispostas a compartir o seu humor máis canalla cun público sempre cómplice. Ultranoite é a alma que sobrevivirá ao espazo corporal da Nasa. E esta Ultranoite na Quintana será como un soño de verán feito realidade, inzado de momentos memorables máis ou menos shakespereanos.
-
(10:41h.)