Nanonasa: III campamento de verán para nen@s
A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta Obradoiro do Espectador, unha proposta do Grupo Chévere, compañía residente na Sala Nasa. No Obradoiro do espectador podes coñecer diferentes propostasde arte escénico en compañía de profesionais. É unha inmersión creativa nas sesións didácticas, debates e coloquios.
As obras prográmanse mensualmente na sala Nasa, onde terás a oportunidade de expresar cos artistas as túas sensacións.
Neste trimestre hai programadas dúas obras:
OBRADOIRO MAIO
Título: Sapiens, sapiens, sapiens
Compañía: Arrepentimentos de Padrón (Galicia)
Sesión de adestramento: venres 20 de maio ás 20.00 h. No CSC das Fontiñas.
Función e faladoiro: sábado 21 de maio ás 21.30 h. Na Sala NASA.
OBRADOIRO XUÑO
Título: Cara pintada, o salto da rá e outras pequenas historias
Compañía: Janet Novás (Galicia)
Sesión de adestramento: Luns 30 de maio ás 20.00 h. No CSXM O Ensanche.
Función e faladoiro: Venres 3 de xuño ás 21.30 h. Na Sala NASA.
Prezo
Público xeral: 8 € cada obradoiro.
Tripulantes Sala Nasa e clubs socioculturais de teatro e lectura: 3 € cada obradoiro.
O prezo dos obradoiros, inclúen cadansúa entrada para a representación na Sala
Nasa.
Inscríbete
Do 12 de maio ata o día do inicio de cada obradoiro, ou completar as prazas dispoñibles. A recepción de inscricións faise nos centros socioculturais e na Sala Nasa.
Actividades
Sesións de adestramento: funcionan como preparación antes de asistir aos espectáculos. Nas sesións, dunha hora e media de duración, ofrécense as claves que facilitarán a comprensión da obra seleccionada, situando o autor e a compañía no seu contexto histórico e estético.
As sesións son conducidas por Xesús Ron, director da Sala Nasa e do Grupo Chévere, pero a parte fundamental do obradoiro é, por suposto, a asistencia a un espectáculo cada mes. As persoas participantes no obradoiro recibirán entradas para poder asistir ás representacións.
Faladoiro cos creadores: como complemento á asistencia aos espectáculos, propoñemos realizar un coloquio inmediatamente despois de ver a obra, con participación dos membros da compañía e dos espectadores participantes no obradoiro.
Aquí podes ver un vídeo gravado durante o faladoiro da obra Hamster na Nasa:
Lugares
As sesións de adestramento terán lugar nos centros socioculturais. Os espectáculos e o encontro cos creadores terán lugar na Sala Nasa.
Información
CSXM O Ensanche 981.543.001
Sala Nasa 981.573.998
Enderezos
Sala NASA: Rúa San Lourenzo 51-53 B.
CSXM O Ensanche: R. Frei Rosendo Salvado 14.
CSC José Saramago de Vite: Rúa Carlos Maside 7.
CSC das Fontiñas: Rúa Berlín 13.
CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño: Virxe de Fátima 1.
CSC A Trisca: Corredoira das Fraguas 92.
CSC Aurelio Aguirre de Conxo: Plaza de Aurelio Aguirre 1.
-
(14:05h.)
-
(14:05h.)