Na Fura de Diante
A primeira Sesión Vibracional da tempada traenos a unha figura de referencia na música contemporánea e de avangarda. Julián Elvira, coñecedor exhaustivo da frauta e creador da Frauta Prónomo, estará na Nasa o mércores 17 de novembro.
“Hai tamén unha estatua de Prónomo, un home pequeno que tocaba a frauta cautivando á maioría. Ata ese momento os frautistas tiñan tres clases de frautas e cunhas tocaban ao modo dorio, pero as frautas para a música frixia eran diferentes e o modo chamado lidio tocábase con frautas doutro tipo. Prónomo foi o primeiro que ideou unha frauta axeitada para todo tipo de música e o primero que interpretou cantos tan diferentes coa mesma frauta.”
Pausanias. Xeografía de Grecia. Libro IX. Beocia
Creador da Frauta Prónomo, Julián Elvira converteuse no nome de referencia en canto á música contemporánea e de avangarda en canto ao referido á frauta.
A música de investigación do seu primeiro traballo, Expiral (1998), defíneo como coñecedor exhaustivo da frauta e das novas tendencias e correntes e sitúao á avangarda como creador e intérprete.
-
(21:00h.)