Miniaturas
“A nosa proposta parte dun dos personaxes da novela, unha muller que toma a decisión de que quere morrer, pero non quere suicidarse e busca que alguén a mate” explica Carlos Álvarez-Ossorio, director de Cámara Negra. Despois dun ano de investigación a partir de O idiota escrito por Dostoievski, o resultado é unha obra experimental que pretende afondar nos sentimentos, na toma de decisión e nas dúbidas ante unha decisión irreversible. A montaxe, que abre unha nova etapa na traxectoria da Zona C, caracterízase por non gozar dunha posta en escena tradicional. Mónica de Nut cantará en directo sendo a única ambientación sonora dun espectáculo no que o público (máximo 50 persoas) se sentará ao redor dun escenario que se ilumina unicamente con candeas.
-
(11:58h.)
-
(11:58h.)