![Man a Man](/scene/uploads/$eventos/imaxe/4c04d9185e5945.56936205.jpg?options=resize%2C800%2C%2Ccenter%2Cmiddle)
Man a Man
Alondra Bentley (voz), Xema Fuertes (guitarra, banjo, charango, voces...), Caio Bellveser (baixo, piano, voces), Pepe Andreu (trompeta, fliscorno)
Alondra Bentley naceu en Inglaterra, pero criouse en Murcia, cidade na que se iniciou musicalmente formando parte de grupos como First Aid. Agora debuta en solitario cun disco titulado “Ashfield Avenue”. Unha obra que marca as diferencias desde unha voz cálida e preciosista, construída a base de sensibilidade, candor e sentimentos enfrontados, e que se move entre texturas agridoces e referencias ambiciosas: de Vashti Bunyan a Joni Mitchell, de Nina Simone a Judy Garland, de Nick Drake a Jolie Holland. Gravado no Puerto de Sta. María, nos estudios de Paco Loco, o disco contou con importantes colaboracións que compartiron a intimidade que transmiten as cancións: César Verdú (Schwarz), Joserra Senperena (La Buena Vida), Xel Pereda (Nacho Vegas), Xema Fuertes, Joaquin Pascual, Gary Olson, Fino Oyonarte ou Cristina Plaza. Músicas para traspasar estados de ánimo, que fan lembrar o romanticismo dos musicais clásicos de Holywood ou o intimismo emocional dun festival hippy, pero que sempre soan como se alguén as cantase ao oído.
-
(11:56h.)
-
(11:56h.)