Malándrómeda + L.A.R. Legido
Poncho K publicou o seu novo album, Una historia con las manos, o pasado 13 de abril. Producido por Fernando Montesinos, este disco é por dereito a obra senlleira da carreira deste compositor e cantante sevillano de nacemento que publicou o seu primeiro traballo, No quiero empates, no 2001. A este seguíronlle Destino de pluma y mano, Cuantovaqueré e Cantes valientes, e agora chega o seu quinto disco no que eleva ao grao máximo a súa esencia de “rock con pinceladas flamencas, poesía da rúa”, como el adoita dicir; lévaa máis alá e confírmase como un dos autores excepcionais da escena española.
A punto de cumplirse dez anos da aparición do seu primeiro traballo, Una historia con las manos é o álbum máis consistente e brillante de Poncho K, tanto dende o punto de vista musical como do literario (dous elementos unidos de maneira inseparable) e no que colaboraron personaxes da talla do poeta Marcos Ana, o músico Rubén Pozo (de Pereza) e a cantante María Malapinta, entre outros.
-
(16:42h.)