Los Contrarios
Son valentes, son tipas duras, son rápidas, son impredecibles, son idiotas. Os nosas reclutas do Batallón de Improsentables foron seleccionadas entre actores, actrices, paiasas, cantantes e malabaristas sen medo a facer o ridículo. Auténticas máquinas de improvisar, campións de karaoke, estrelas do renegade, celebridades da madrugada. Veñen dispostas a calquera, non saben o que van facer, pero farano mellor que ninguén.
Un espectáculo de improvisación no que o público e o azar terán moito que dicir.
Desde o mes de xaneiro, un grupo de artistas relacionados con Pista5 levan entrenando na Casa do Patín a delicada e antiga arte da impovisación. Neste día farán públicas as súas habilidades. Ninguén sabe o que pode pasar.
Improvisadoras:
Akira Valero, Alejandro Costas “Jano”, Alfonso Medina, Angélica, Antón Coucheiro “Cou”, Arturo Cobas “Nono”, Isla le Triska, Jessy López, Natalia Outeiro “Pajarito”, Olalla Tesouro, Sandra “Camalea” Varela.
-
(13:57h.)