Listo para Sentenza
Dramaturxia e dirección: Sergio Macías
Autor: Henrik Svindel
Actores: Tone Martínez, Omar Ferrín, Martín Martínez e Bea Campos
Escenografía e iluminación: Lau Iturralde.
Día e hora da estrea: 23 e 24 de outubro ás 20:30 no Salón Teatro de Santiago.
LISTO PARA SENTENZA
España. Futuro próximo.
Mariano Soutelo é un respectado home de negocios, propietario do Grupo Petrogal e de varias empresas líderes en diversos sectores. Soutelo é considerado pola revista “Forbes” un dos homes máis ricos do mundo. Un exemplo dun home feito a si mesmo, de como a partir dun golpe de sorte, o achado dun xacemento petrolífero na horta familiar, construíu o lucrativo conxunto empresarial máis importante de Europa.
O nome do empresario foi relacionado con algún dos casos de corrupción máis relevantes do país sen que tivese que render contas coa xustiza. Ata o momento...
Pero, quen é realmente Mariano Soutelo?
Listo para sentenza non é un relato histórico, senón unha comedia sarcástica que se inventa un futuro quizais poida acontecer… ou quen sabe? Aconteceu e aínda non o descubrimos.
-
(20:30h.)
Salón TeatroRúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela.(20:30h.)
Salón TeatroRúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela. -
(20:30h.)
Salón TeatroRúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela.(20:30h.)
Salón TeatroRúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela.