![Knochenblume](/scene/uploads/$eventos/imaxe/4bff99bc46d260.85527634.jpg?options=resize%2C800%2C%2Ccenter%2Cmiddle)
Knochenblume
http://www.latristura.com
Creación, interpretación e texto: Itsaso Arana, Pablo Fidalgo, Violeta Gil, Celso Giménez. Deseño de iluminación e coordenación técnica: David Benito. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Vestiario: Pedro y el Lobo. Colaboran: Programa Artistas en residencia Bilbaoeszena, Escena Contemporánea, La Cuarta Pared, Finalista Premios Proxectos Escénicos de Lleida.
Os catro compoñentes de La tristura coñecéronse en Madrid en 2004 e un ano despois comezaron a traballar xuntos. Formados no ámbito teatral, centraron os seus traballos na investigación de novas linguaxes escénicas, a través da creación de mundos propios e dun uso coidado da palabra. En 2006 estrearon “La velocidad del padre, la velocidad de la madre”. A súa segunda peza foi “Años 90. Nacimos para ser estrellas”, Premio Injuve 2008 de Propostas Escénicas. En febreiro de 2009 presentan os vídeos “The Wild Bunch. Cada vez que intentes engañarme volveré a casa” e en xuño mostran a súa peza breve “Acciones para el nuevo mundo”, dentro do ciclo Teatro por la identidad no Teatro Alfil. Actos de Juventud, obra estreada en Escena Contemporánea de Madrid, becada por Bilbaoeszena e finalista do Premio L’Escorxador de Lleida 2009, pecha a súa Triloxía do Fin do Mundo.
Que desexo nos leva a pensar, na mocidade, que podemos vivir cos demais, que podemos entendernos, que podemos xulgarnos? De onde é que vén esa esperanza? A mocidade é o tempo da comunicación, do camiño cara o outro; na mocidade o movemento non ten discusión, é físico, natural. É posible pensar xuntos? Podo sofrer contigo? O que perseguimos é unha paisaxe sobre a enerxía da mocidade, o que recoñecemos por xove, a perda e a apropiación da ledicia dun intre a outro. Un poema arredor dos estados de ánimo do ser humano concentrados nun único día, as horas pasan e eu vexo o teu pelo medrar. Hai outra maneira de vivir? Podemos manter dia e noite o corazón aceso, vivo, novo? É certo o que nos contaron do amor? É certo que es o meu amigo?
Actos de mocidade: amar, berrar, correr, roubar, perder, bailar, afundirse, mentir, arder.
Aquí tes algúns comentarios críticos sobre esta obra.
Un vídeo do traballo anterior da compañía: "Años 90. Nacimos para ser estrellas".
-
(12:17h.)
-
(12:17h.)