Inauguración de "Asia Magna"
"Asia Magna" é o nome da nova exposición que se poderá visitar no Pazo do Faramello nos vindeiros meses.
Entre as pezas que conformarán a exposición atopamos dende 'kakemonos' (despregables xaponeses) dos Séculos XVII ao XIX, ancestrais mármores indias e nepalís, marfís de talla sublime do periodo Meiji e do imperial chinés, pezas da máis fina cerámica xaponesa (Satsuma), sensuais bronces indios e transparentes vidros koreanosentre outras.
Para a inauguración, que se realizará o venres 11 de xullo ás 18h, teremos o luxo de asistir a un concerto da mestra Haruko Watanabe e Rodrigo Rodríguez.
As entradas, que inclúen ademáis a propia visita ao Pazo e por suposto, á exposición, teñen un prezo de 12€, e xa están á venda en www.culturaimperdible.com ou a través do teléfono 690.195.217.
Agradecemento especial aos colaboradores Casa Asia, Casa Galicia Japón e Yes Tokyo.
-
(18:00h.)
Pazo de FaramelloPazo do Faramello s/n, 15980 Rois(18:00h.)
Pazo de FaramelloPazo do Faramello s/n, 15980 Rois