Harley Hyde + Crying Wolf
O grupo santiagués de rap Malandrómeda recalará na Nasa para presentar, acompañado de L.A.R. Legido, un maxisingle que vén como adianto do LP que están a preparar. O maxi contén 2 temas novos, rapidiños e cun sabor a rocanrol desfigurado. Ademais inclúe as remesturas que fixeron produtores do calibre de Kaze e Mou, que levan os temas a outra dimensióne que supón todo un privilexio para o dúo compostelán. E, como non, tamén contén un par de pistas extra para os DJs.O soporte, un elegante vinilo branco, foi publicado por temazo.org
Con este novo traballo, Malandrómeda volve demostrar a súa arela de buscar novos ritmos, de cuspir técnica, de comungar co público, de rirse dos patróns, de convertelo en propio, de seguir viaxando...
Probablemente a música que vai soar nas cibertabernas nese futuro sen xubilados que agarda por nós. Paga a pena gozar con esa enerxía e bo humor dos seu directos... Rebentar as cancións, improvisar, fozar nos aparellos e cubrilo todo con delays infinitos, esa falta de medo a pasalo ben.
-
(17:42h.)