Harley Hyde
Los Salvajes, a banda mítica dos anos 60 considerada pola crítica como “os Rolling Stones españois”, segue rodando no ano 2010. A súa primeira etapa foi entre o 1962 e o 1970. Neste tempo fixéronse coñecidos polo famoso tema “Soy así” e pola exitosa súa exitosa versión do “Paint it Black” dos Rolling Stones titulada “Todo negro”. Dende aquel ano estiveron colaborando como músicos ou promotores doutros proxectos e, xa no 1997, volveron ás estradas e a dar grandes concertos. Hoxe Los Salvajes están compostos por Gaby Alegret (voz e harmónicas), Quique Tudela (guitarra), Albert Ponsa (baixo e voces), Francis Rabassa (batería), Peter Dijsterhuis (teclados e voces) e Nina Olive (voces e percusión).
Los Chavales (Tato, Bibi, Toni e Fonso) son xa habituais na escena musical de Santiago. Xuntáronse en marzo do 2009 coa intención de montar un grupo de versións de grupos españois dos sesenta. Con tan divertido propósito fornmaron un repertorio de 25 cancións clásicas (Brincos, Bravos, Salvajes, Lone Star, Gritos...) que presentaron en diferentes salas e festivales (Mar de Fondo, Felipop), etc.
-
(21:00h.)