Hámster
Hai apenas un par de meses, a NASA lanzou unha sonda para contactar coa escena alternativa da cidade inglesa de Brighton. Os primeiros sinais de vida artística recibidos son os que se presentarán nesta longa noite de Brighton. Etiquette, o auto-teatro de Rotozaza. A performance poética e sonora de Laboratoro. A danza de Yael Karavan. A intervención mural de Jim Sanders. E ademáis, vídeos de Simon Wilkinson.
21,00H.
ETIQUETTE by ROTOZAZA
Creado pola compañía Rotozaza, Etiquette é unha experiencia de media hora para dúas persoas nun espazo público. Non hai ninguén mirando, a outra xente no local non son conscientes de que se está a levar a cabo. Os participantes levan cascos que lles din que teñen que dicirse o un ao outro, ou que lles mandan usar un dos obxectos que hai na mesa. O seu funcionamento ten algo de máxico, e para que funcione non hai que facer máis que escoitar e respostar axeitadamente. Etiquette é o teatro máis espido; é vivo, profundo, filosófico e incríblemente único. Os participantes son ao mesmo tempo actores e audiencia, e o espectáculo ofrece a fantasía de opder falar sen ter que pensar que dicir.
Rotozaza foi formada por Ant Hampton no 1998 e, pouco despois, incorporouse Silvia Mercuriali. Teñen traballado xuntos de distintos xeitos, e en diferentes países/lugares, en máis de vinte producións de Rotozaza dende entón, dende traballos "site-specific" en Milán e París a unha estratexia máis recente para a que se seleccionan intérpretes, diferentes cada noite, que se comprometen a seguir instruccións en vivo e sen ensaios previos.
Hoxe en día Ant e Silvia traballan de xeito independente. Podedes ver o traballo de Ant aquí e o de Silvia aquí.
Tamén podes ver o web de Rotozaza aquí.
22,00H.
IN-BETWEEN
Danza-teatro. 45’
Creación e interpretación: Yael Karavan. Iluminación: Socrates Mitsios e Kristina Hjelm.
Suspendida entre dúas cadeiras, dúas realidades, dous amores, o tráxico e o cómico, In-Between é un poema coreográfico sobre a dualidade interior e a soedade exterior. Con elementos de danza, teatro físico, clown, mimo, butoh, dúas cadeiras e un micrófono, Yael crea un universo fantástico e nos leva nunha viaxe a través dos nosos propios túneis emocionais.
23,00H.
LABORATORO
Electropoemas. 45’
Grupo de música electrónica improvisada e poesía experimental. Laboratoro está formado polo músico Ed Briggs e o escritor Xelís de Toro. Contará con proxeccións de Jim Sanders.
-
(18:31h.)
-
(18:31h.)