Habelas
Dirección e interpretación: Mónica García . Deseño de luces e son: Iván Marcos. Cámara vídeo promocional: Victor Hugo Seoane. Produción: Y lo real. Distribución: La Tía Mardalina.
A velocidade das cousas é un solo de danza no que utilizo a escena como dispositivo de confesión onde o público como testigo, afirma a miña presencia e a miña constitución como individuo nese momento. É ao mesmo tempo exercicio e resultado dunha auto-enunciación, e ao mesmo tempo, consecuencia da experiencia da miña propia práctica escénica. A danza comeza ao poñer en relación as percepcións internas e externas facéndose consciente ao momento das dinámicas, espazos e intensidades.
En ‘Fragmentos dun discurso amoroso’, Roland Barthes di que o suxeito amoroso ten que asumir a súa sentimentalidade como unha forte transgresión que o deixa só e exposto e que esa sentimentalidade, desacreditada pola opinión moderna por unha inversión de valores, constitúe hoxe en día o obsceno do amor.
Asumo finalmente que son calquera novela romántica do SXVIII leída nun autobús. Asumo que son Werther afectado, descolorido, exposto, odioso, servo, aparente e lánguido. Sen discurso válido que desprace outra cousa que no sexan os seus afectos desde o cuarto de baño ás conversas sobre o poder. Werther inválido. Multiplicación de Werther por mil, e mil Carlotas. A escena: ela está sentada ao borde dun sofá e él le recita un poema de amor dirixíndose á cámara.
-
(14:06h.)
-
(14:06h.)