Germán Díaz - Presentación novo disco
O músico Germán Díaz presenta no Teatro Principal de Santiago de Compostela o seu novo disco "Método Cardiofónico".
Este “Método Cardiofónico” é un espectáculo musical único, baseado nos ritmos dos latidos de corazón que o doutor Iriarte grabou nos anos cuarenta e editou nun vinilo que leva o mesmo nome. A intención deste doutor era poder mostrar aos seus alumnos como soaban as diferentes cardiopatías, pero pouco podía imaxinar que décadas mais tarde un músico tomaría estes sons como bases para crear composicións musicais.
Tomando como base estos latidos, Díaz crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que el utiliza, e que len os cartóns perforados que conteñen as melodias.
Xunto á zanfona poderemos escoitar e ver instrumentos tan peculiares como o órgano de barbaria, caixa de música, playasax, rolmónica cromática.... así como a grabación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados.
Nesta ocasión estará acompañado no Teatro Principal por dous músicos colaboradores que están presentes no disco como son Benxamín Otero (oboe) e David J. Herrington (trompeta e tuba)
As entradas xa se poden mercar na propia billeteira do Teatro Principal ou na web www.madapro.es, en ambos lugares a un prezo de 10€. Para calquera outra información tamén se pode contactar ao 690.195.217 ou no correo inesportela@madapro.es
-
(21:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(21:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela