Eurozone CON bus
Chévere estrea o seu novo traballo para o 2013, un panfleto teatral sobre a crise da Eurozona. Aquí podes mercar as entradas CON BUS DE IDA E VOLTA desde Santiago ata a Ramallosa (Teo), exclusivamente para as funcións dos venres.
Para usar este servizo é imprescindible mercar a entrada por adiantado en internet e mostrar o resgardo da entrada imprimido antes de subir ao autobús.
Saída Compostela: venres ás 21,05h. na parada de buses de Puente Castro-A Rosa. Outras paradas: Pontepedriña.
Volta: saída diante do auditorio da Ramallosa ás 23,05h. con chegada á praza de Puente Castro-A Rosa.
Chévere estrea o seu novo traballo para o 2013, un panfleto teatral sobre a crise da Eurozona. Un auténtico pastiche no que se mesturan as referencias directas a Reservoir Dogs (a mítica primeira pelicula de Tarantino), á linguaxe da publicidade, aos casinos online, aos bailes de salón e ao argot económico que asulaga as nosas vidas. Eurozone é unha produción ambiciosa para tempos de crise, unha obra coral con 8 actores e actrices en escena. Un traballo de creación colectiva que se foi artellando desde cero ao longo de dous meses de ensaios. Un proceso que estivo aberto a calquera persoa curiosa a través de Redenasa, onde permanecen visibles os diarios de todo o equipo.
Eurozone é unha farsa sobre a crise da zona euro, sobre o fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora, sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar cada certo tempo, sobre unha clase dirixente que só exerce o poder no seu propio beneficio, sobre o secuestro da democracia por parte do sector financeiro. Eurozone alimentouse da nosa perplexidade como cidadáns, da nosa impotencia, da nosa carraxe. Algo que queremos compartir, por iso saimos a escena cada noite.
Eurozone é un achegamento ao gran atraco especulativo ao máis puro estilo Tarantino e co referente directo de Reservoir Dogs. Queremos establecer un diálogo entre a nosa peza e Reservoir Dogs, contar ao público cales poden ser os paralelismos entre os personaxes de Reservoir Dogs e os principais líderes político-económicos de EUROPA, esas persoas que están decidindo desde un despacho o noso futuro. Poñamos que un grupo de persoas que representan á clase dirixente europea acaban de cometer o atraco do século. E imaxinemos que, contra todo pronóstico, algo saiu mal. Entón collemos a esta xentiña e a metemos nun deses edificios de autor, monumentais e inútiles, que tanto lles gustan, unha cidade da cultura, unha cidade das artes ou simplemente un casino sen inaugurar... E facemos estoupar as súas fráxiles relacións, e intentamos comprender a lóxica das súas decisións ou retratar a súa soedade utilizando contra eles a nosa rabia e a nosa indignación. Quen é o señor azul da política europea? Quen é o señor marrón das finanzas? Quen é o señor branco da diplomacia?
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Pepe Penabade, Borja Fernández. Dirección e dramaturxia: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Iluminación: Fidel Vázquez. Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Espazo escénico: Javier Domingo Ballestín e Chévere. Coreografía, loita: Iván Marcos. Espazo audiovisal: Cuco Pino/Quadra producións. Construción escenografía: Enrique Martínez. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Deseño web: A Navalla Suíza. Unha produción Chévere, compañía residente no concello de Teo. Apoio: Agadic, Concello de Teo.
-
(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.