Escapárate de xénero en Pontevedra
Chévere participará nos actos organizados polo concello de Pontevedra arredor do Día Internacional da Muller Traballadora, presentando o seu proxecto de intervención teatral nos escaparates cunha serie de pezas que retratan certos ámbitos da violencia contra as mulleres.
Desde as 12h. da mañá e ata as 14h. poderedes seguir unha serie de escenas ubicadas no interior dos escaparates. As actuacións terán lugar en comercios das rúas peonís do centro da cidade:
11,30h. a 13,30h. Cuplé, rúa Michelena
SILVIA, ESTÁS AÍ?, de Fátima Rodríguez
Instalación escénica. O público accede ao escaparate para escoitar o audio dunha obra a través de auriculares. Obra premiada no Concurso de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega. Conta dun xeito moi orixinal e sutil a historia dunha muller adulta que sufriu abusos sexuais durante a súa infancia por parte dun familiar.
12,00h. Alba Conde, rúa da Oliva
RETRATOS DE MULLERES: MIRIAM (15 minutos)
Miriam é unha muller nova, ten un bó traballo, unha filla pequena e leva casada sete anos. Viven nunha urbanización de adosados. Seu home ten un traballo ben pagado, pero moi estresante. Ten problemas de agresividade. Ten ciumes por todo. Ás veces desafoga con ela. Ela quéreo moito e trata de ocultar calquera problema cara fóra, porque son unha parella ideal. Hoxe ela está buscando un vestido para celebrar o seu aniversario de boda.
12,30h. Moda Center, rúa da Peregrina
RETRATOS DE MULLERES: LOLA (20 minutos)
Lola é unha muller traballadora de mediana idade. Sen estudios. Casada desde hai máis de vinte anos e con dous fillos. Seu home está no paro. Na súa relación de parella son habituais os malos tratos desde hai xa ben tempo. Amagou un par de veces coa separación, pero nunca chegou ata o final.
13,00h. Pronovias, rúa da Oliva
RETRATOS DE MULLERES: YENY (15 minutos)
Yeny é a cantante dunha orquestra de pachanga. Esta noite, xusto antes de saír para actuar, o seu mozo mallou nela por vez primeira e isto faina reflexionar sobre os contidos que transmiten os temas que canta, non estará contribuindo tamén a reproducir esa lóxica social que impón a dominación dos homes sobre as mulleres?
13,30h. Gabatta, rúa dos soportais (Pza. da Ferraría)
LUGARES COMÚNS (20 minutos)
Como remate e complemento propoñemos unha escena distinta, un diálogo entre unha parella, él e ela, que dea pé a unha reflexión sobre as orixes ás veces imperceptibles do que logo acaba desembocando en agresión e violencia de xénero.
Actúan: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos. Coordenación: Xron. Loxística. Xacobe Martínez. Comunicación: Xana García. Idea e creación: Chévere. Organiza: concello de Pontevedra.
-
(11:30h.)
Pontevedra, rúas peonísrua Michelena 36002 pontevedra(11:30h.)
Pontevedra, rúas peonísrua Michelena 36002 pontevedra