Dios Ke Te Crew
www.aquofono.com
Formado en Galiza en maio de 1999 como trío de música improvisada, a tripulación base de Parto está integrada por LAR Legido e Patxi Valera, dúo de baterías multipercusionistas, e Pablo Rega, guitarrista e músico electrónico.
Esta formación de músicos improvisadores, viaxeiros e creadores de espazos sonoros amplos, trasládanos de maneira fluida dende os extremos dun minimalismo acústico sutil ata as texturas electrónicas de maior densidade. Nos seus espectáculos sucédense as diferentes escenas nas que os componentes experimentan con calquera recurso: sons guturais, percusión no corpo, voces, auga, xoguetes, aparellos de radio, motores, baterías de fabricación caseira, batería electónica, guitarra preparada, dispositivos electrónicos e en xeral calquera instrumento ou obxecto susceptible de ser percutido, frotado ou rañado. Hai que salientar asemade a importancia outorgada nesta formación aos aspectos lúdicos da improvisación, entendida esta como unha inesgotable necesidade de xogo. Boa parte disto aparece nos seus espectáculos ao vivo, auténticas experiencias sonoras creadas Baixo un paraugas de percusións e obxectos sonoros moi variados. En escena enfróntanse LAR Legido á bateria electrónica e Patxi Valera á batería de xoguete, todo iso salpimentado e aderezado pola ampla paleta sonora do guitarrista electro-acústico Pablo Rega.
-
(21:30h.)