Cosmotrópicos Afro-Vungo
CIRCO Á FEIRA nace como escaparate dun sector escénico en auxe: o Novo Circo Galego. Un panorama sobre as compañías e os artistas profesionais que traballan no noso país. Unha mostra de que o Novo Circo Galego vai máis alá dos espectáculos de rúa. Actualmente estase dando unha crecente profesionalización de artistas e de compañías con propostas e con estilos ben diferentes. Queremos que coñezades esta variada oferta.
CIRCO Á FEIRA será unha degustación do que se coce no caldeiro do Novo Circo Galego, un espectáculo que reúne as mellores creacións made in Galicia, un encontro entre profesionais, públicos e programadores. É tamén unha maneira de financiar o proxecto estrela do Novo Circo Galego: a nave de Circo Nove, actualmente en perigo de supervivencia. A falta de financiación pública, poñemos en marcha o concepto de Financiación do Público. CIRCO Á FEIRA serve tamén como comité de benvida ós nosos convidados do Encontro Europeo de Jeunes Talents du Cirque, do cal en Compostela somos anfitrións. JTC é un programa europeo de apoio a novos talentos do circo, e do que o Centro Dramático Galego forma parte.
O venres 18 un personaxe moi coñecido nas rúas e na TV, Cigani & Cía, será o encargado de presentar ó resto de compañías e artistas, que nos mostrarán extractos dos seus espectáculos:
A cía Malabaranda con RESIDÚO http://www.youtube.com/watch?v=0pWI2tKbz1s
Aitor Garuz, con O AUTOESTOPISTA INTERGALÁCTICO
Circo Escarranchado, con CIRCO DE TOLOS
Lusco e Fusco, con ENCONTROS http://www.youtube.com/watch?v=drIl9Drfyk4
Pajarito con MOUCHA, A MEIGA
Almacabra, con AS NUBES http://almacabra.blogspot.com
O sábado 19 outro personaxe icónico das rúas e do Novo Circo Galego, Pablo Trasno, será o mestre de cerimonias que introducirá ós seus compañeiros:
Arturo Cobas, con NONO http://www.youtube.com/watch?v=BzX53J-Ywtc&feature=related (ACTUACION NA BBC2, LONDON)
Assircópatas, con MONTAGEM http://vimeo.com/10972586
Ringo Rango, con RINGO RINGO http://www.youtube.com/watch?v=4jfZlwtSHvo
Isla González, con FERMÍN NOITE
Duelirium, con AVIADORAS
Roces&Goces, con ROCES & GOCES
-
(20:15h.)