Concerto GNSV
Vadim Yukhnevich: voz e acordeón. Pablo Pérez: composición, arranxos e contrabaixo. Fernando Abreu: clarinete. Carlos Castro: vibráfono e percusión. Xacobe Lamas: violín. Miguel Queixas: batería. Pablo Rega: guitarra. Enrique Otero (director do filme): teclados.
A Banda Crebinsky, responsable da banda sonora da película Os Crebinsky, salta da pantalla ás rúas ataviada con uniformes de banda de música soviética para envolvernos nunha atmosfera que mestura paisaxes cinematográficas con ecos das músicas populares dos paises do Leste, ao estilo de No Smoking Orchestra ou Leningrad Cowboys. Acordeóns, violín, ritmos acelerados e moita, moita festa!
Como artistas convidados actuarán Patricia de Lorenzo, Sergio Zearreta, Miguel de Lira, Tony Lomba e Pulpiño Viascon.
-
(18:19h.)