Código Fonte Audiovisual para CarballoInterplay
Case sen darse de conta, neste 2017 Chévere cumpre 30 anos. Tempo abondo para aprender a confundirse entre o humor e a vida coa habilidade de quen quere pasar desapercibida para gozar da máxima liberdade posible. Pero tamén é o momento de sacar a carrocería pop que envolve ao grupo e mirar por dentro cal foi o combustible audiovisual que alimentou a súa capacidade para transgredir os xéneros, moldear o humor con risas pouco disimuladas ou recargar as baterías do teatro con boas doses de realidade. Iso é o que virán facer Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Xesús Ron no Festival Carballo Interplay: despezar o imaxinario audiovisual que se agocha dentro das obras de Chévere.
O código fonte é a combinación de liñas de texto que permiten a un ordenador executar un programa. Compartir o código fonte é a base do software libre. O Código Fonte Audiovisual está a medio camiño entre a conferencia audiovisual e a proxección comentada. Non é unha proxección, pero tampouco unha conferencia. É un formato híbrido, un xogo. Un formato escénico no que as persoas convidadas mergúllanse nas súas referencias audiovisuais., mesturando a experiencia persoal e biográfica coa interpretación dos fragmentos audiovisuais utilizados na procura dun imaxinario común.
-
(20:30h.)
Pazo da Cultura de CarballoRúa do Pan, s/n. 15100 Carballo(20:30h.)
Pazo da Cultura de CarballoRúa do Pan, s/n. 15100 Carballo