Citizen (segunda parte)
Lloyd Knibb, batería; Doreen Shaffer, cantante; Lester "Ska" Sterling, saxo; Azemebo Audu, saxo; Andrae Murchison, trombón; Natty Frenchie, guitarra; Cameron Greenlee, teclados; Kevin Batchelor, trompeta; Val Douglas, baixo.
A lendaria banda Skatalites, pais indiscutibles do reggae e de toda a música xamaicana, regresan coa súa bagaxe de 46 anos de carreira e un recente disco con temas novos: On The Right Track. Ademais, a banda acaba de incluír unha versión de Be My Guest xunto a Ben Harper na recompilación-homenaxe Goin’ Home: A Tribute To Fats Domino.
Nacida oficialmente entre 1963 e 1964, a banda foi o xermolo de toda a música xamaicana que veu logo: do ska ao reggae, do dub ao ragga. A experiencia dos seus membros, curtidos en orquestas diversas dende finais da 2ª Guerra Mundial, foi decisiva para introducir elementos de mambo, jazz e rhythm'n'blues no ata entón estandarizado calypso xamaicano, o mento. Foron innovacións e influenzas decisivas que produciron o pop autóctono de Xamaica, o reggae, cuxa paternidade indiscutible perténcelle a Skatalites.
O excepcional aroma do jazz caribeño, os seus solos delicados e a súa sinxeleza como artistas e trabajadores, sitúan a Skatalites nun posto de honra no Olimpo dos músicos e instrumentistas deste século.
Transilvanians está formado por Irene Pérez (voz), Xabi Viéitez (piano hammond), Javier Soto (guitarra), Pedro Díaz (guitarra), Pablo Muliz (baixo), Antonio Rodríguez, Gdjazz (trompeta), Javi “Crossroad” (saxo tenor), Kino “Little Cobra” (batería).
A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais; Siniestro Total, Skacha, Dakidarria, Os Resentidos... etc. Devotos confesos da música tradicional xamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady, Reggae ou a Soul music, sen deixar de lado influencias R&B ou Surf. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a Serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Jimmy Cliff, Phyllis Dillon, Joya Landis ou Barbara Lynn... conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
Participaron coa súa canción KINGSTON TOWN / SANTIAGO DC, xunto a outras bandas galegas no A Polo Ghit, un concurso organizado pola Radio Galega e Vieiros, para elixir a canción galega do verán. No ano 2006, entran nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no Nadal dese mesmo ano, baixo titulo homónimo, en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records. Despois da súa participación no disco tributo a Potato, e a súa exitosa xira do ano 2009, este 2010 voltan con mais forza e con dous novos traballos: un single en formato 7" editado por Liquidator Music chamado 'The Vault Of..' e o seu agardado primeiro LP/CD que se chamará 'Vampire Lover' editado por ZombieJ.
Este concerto conta coa colaboración de CINEUROPA.
-
(21:30h.)
-
(21:30h.)