Citizen (primeira parte)
Formados no 1994 en Lekunberri (Navarra), Berri Txarrak asinou ata o día seis discos e un documental, facendo gala dunha evolución imparable a cada entrega. BERRI TXARRAK, que en galego significa Malas Novas, parte da escena rock vasca para lanzarse ao mundo mediante as súas constantes gxras internacionais.
Gorka Urbizu (voz e guitarra), Aitor Goikoetxea (batería), Mikel Lopez “Rubio” (baixo) e Aitor Oreja (guitarra) completaron a formación dende os inicios da banda ata 2003. Nese período publicaron as súas catro primeiras referenzas, todas elas baixo o selo independente GOR: Berri Txarrak (1997), Ikasten (1999), Eskuak / Ukabilak (2001) e Libre © (2003).
Se cos dous primeiros discos acadaron formar unha importante base de seareiros no seu contorno, foi co terceiro e sobre todo con Libre © cando foron facéndose un oco no panorama estatal e recibindo notables críticas por parte da prensa especializada (o seu cuarto disco foi catalogado como o mellor traballo do ano pola redacción de Rock Sound, hoxe Rockzone).
No 2003 Aitor Oreja decide abandoar o grupo e Berri Txarrak aventúrase a seguir como trío e céntrase en compoñer o que se convertiría na súa referenza chave dentro da súa ampla carreira: Jaio. Musika.Hil (GOR, 2005).
Gravado nun caserío de Eraso (Navarra) por Karlos Osinaga (Lisabö) e mesturado por Ed Rose en Kansas (EEUU), este disco foi moi ben recibido tanto por público como por prensa, como o demostra o feito de que publicacións como Mondosonoro ou Entzun o aclamasen como “mellor disco do ano”. Con este traballo, Berri Txarrak explotou o filón internacional aberto anos atrás e introduciuse de cheo nunha macroxira que duraría tres años con máis de 200 concertos por todo o mundo: Xapón, Taiwán, Nicaragua, EEUU, México e infinidade de xiras por Europa, unha de elas convidados polo grupo Rise Against (cabe recordar que o seu cantante Tim McIllrath colaborou no disco Libre © para repetir de novo en Payola).
Berri Txarrak realizou un documental de 70’ para recoller os sentementos e vivencias desta macroxira xunto ao cineasta Ibon A. Totorika. O resultado foi Zertarako Amestu (GOR, 2007), un rockumental que foi seleccionado en varios festivais de cinema, entre eles o Portobello Film Festival de Londres e o Zinemastea de Vitoria-Gasteiz.
Logo desta xira, o baixista orixinal Rubio deixa a banda e é substituído por David Gonzalez. Despois de dedicarse en 2008 a compoñer novos temas intercalando breves saídas internacionais (Fujirock Festival –Xapón-, Maifest –Suíza-...), en abril de 2009 Berri Txarrak voa aos estudios Electrical Audio de Chicago para gravar o seu disco xunto cunha eminencia do son como Steve Albini (Nirvana, Pixies, PJ Harvey...). De título Payola, é o primeiro traballo do trío para o recoñecido selo Roadrunner Records.
-
(21:30h.)
-
(21:30h.)